loading

Promoción de habilidades laborais

Promoción de habilidades laborais

Creando oportunidades para mellorar a Calidade de Vida das persoas adultas con TEA

Un dos aspectos fundamentais que inflúen na Calidade de Vida das persoas con TEA ao chegar a vida adulta é a posibilidade de formarse e adquirir habilidades sociolaborais para aceder a un emprego, gozando dos apoios individualizados que necesiten para elo.

A heteroxeneidade nas capacidades e intereses que presentan as persoas con TEA ofrecen enormes oportunidades para promover a súa formación e inclusión sociolaboral. Fundación Menela defende que as persoas con TEA poden e deben traballar, xa que do traballo depende, en gran medida, o seu dereito a formar parte activa da sociedade.

Dende o servizo de promoción de habilidades sociolaborais traballamos para incrementar a concienciación do texido empresarial e da sociedade en xeral sobre as capacidades das persoas con TEA, desenvolver programas formativos centrados en habilidades sociais e laborais, e em xerar recursos e ferramentas de traballo.

QUE FACEMOS

Avaliación da persoa con TEA que parte dun proceso previo de orientación vocacional consistente no coñecemento dos intereses e capacidades da persoa, e deseño dun plan de traballo individualizado.
Prospección laboral no entorno empresarial.
Análise e descrición posto de traballo. Análise do entorno de traballo: condicións ambientais, laborais, accesibilidade e seguridade no lugar de traballo.
Formación no posto de traballo (adaptación persoa- posto). Orientación da empresa. Asesorar á empresa sobre as características das persoas con TEA. Aprendizaxe das tarefas e habilidades requiridas para o posto de traballo. Captación de apoios naturais. Seguimento e valoración. Avaliación e mellora continua da calidade do traballo. Redución progresiva da cantidade e intensidade de apoios.Valoración da satisfacción das persoas implicadas no programa formativo e laboral.

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Centro de Día e Residencial Castro Navás
Navás, 11 36391 Priegue - Nigrán
986 365 558

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

castronavas@menela.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.