loading

¿Cales son as causas que producen os TEA?

Como loitar contra o autismo

Causas dos TEA

As causas do autismo son aínda en gran parte descoñecidas. Sabemos que non está causado polo comportamento dos pais co neno nin como o pequeno foi criado. Non existe unha única causa do TEA,  sendo o mais probable que conflúan causas diversas que actúan conxuntamente. As investigacións actuais apuntan a unha orixe complexa do trastorno,  incluíndo causas de orixe xenético (cada vez mais evidentes) e factores ambientais. 

A hipótese xenética, estase confirmando dia a dia, na medida en que avanzan as investigacións, destacando p. ex., o aumento do risco entre irmáns.  

O TEA non é ningunha enfermidade. Está demostrado que a intervención especializada nos primeiros meses de vida resulta ser sumamente eficaz para axudar ás persoas afectadas e ás súas familias a tratar as características deste trastorno e favorecer a súa inclusión social, reducindo os apoios que precisará ao chegar a idade adulta e evitando, ou retrasando o mais posible, a súa institucionalización futura . A Atención Temperá baseada nas mellores prácticas ven demostrando ser a mais eficaz ferramenta para que os nenos con TEA desenvolvan as súas habilidades, melloren a súa capacidade de interacción social e de comunicación.

 

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.