loading

¿Qué son os TEA?

¿QUÉ SON OS TEA?

O termo “Trastorno do Espectro do Autismo” fai referencia a un conxunto heteroxéneo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento cerebral dando lugar  a dificultades na comunicación social e na interacción social en diversos contextos, uns patróns restritivos e repetitivos de comportamento, intereses e actividades, e outras manifestacións clínicas que varían dunhas persoas a outras.

Esta heteroxeneidade na presentación clínica observase tamén ao longo do ciclo vital dunha mesma persoa, así como na intensidade das súas características.

Todo isto implica que as necesidades de cada persoa van a ser moi heteroxéneas e van a variar a o longo da súa vida.

Nos últimos anos veñen aumentando o número de casos de persoas diagnosticadas con TEA. Na actualidade, o 1% da poboación mundial sofre autismo, é dicir, 70 millóns de persoas. En España 350.000 casos, dos cales a Galicia corresponderíanlle a redor de 27.000 e na cidade de Vigo 3.000 persoas terían TEA nos seus diferentes graos de afectación. Actualmente , os derradeiros estudos epidemiolóxicos falan de 1 caso por cada 88/150 nenos en idades escolares.  Queremos chamar a atención sobre estes estudos xa que poden cambiar de forma considerable en función do propio estudo, concepto e denominación dos TEA.

Independentemente do diagnóstico, a atención temperá e a educación específica teñen que estar baseadas nas capacidades e necesidades individuais da persoa con TEA así como nos apoios que precise e incidan no desenvolvemento do seu potencial.

O TEA impacta no so na persoa sino tamén na súa familia, e na calidade de vida de todos os seus membros. Porén, a atención ás persoas con TEA require dunha abordaxe integral, orientada a facilitar apoios individualizados, especializados e baseados na evidencia científica, que promovan a súa calidade de vida e o exercicio efectivo dos seus dereitos.

 

Principais Síntomas

Todas as persoas con TEA presentan, en maior ou menor medida, dificultades na comunicación, a interacción social, a imaxinación e o campo de intereses. Os seus déficits de comunicación adoitan presentarse con diferentes graos de afectación ou severidade: Ausencia parcial ou total de linguaxe, temas repetitivos de conversación, dificultades de contacto visual, alteración do ton, o ritmo ou a entoación do discurso, eta. Na área da interacción social, poden presentar tendencia ao illamento e a pasividade social, dificultades na capacidade empática e incomprensión de algunhas regras de comportamento, etc. Os déficits de imaxinación e campo de intereses fai que mostren patróns de conduta ritualista, resistencia ao cambio, perseveranza pola invariabilidade do ambiente, interese ou preocupación exaxerada por temas peculiares e capacidade imaxinativa limitada.

Profesionais

Os profesionais e a bibliografía especializada utilizan termos diferentes para describir aos nenos con TEA segundo as súas características: Trastorno Autista, Síndrome de Asperger, Síndrome de Rett, PDD-NOS, Trastorno Desintegrativo da Infancia (CDD), espectro do autismo, autismo de alto ou de baixo nivel de funcionamento, etc... Compre saber que estes termos non están relacionados necesariamente coas capacidades ou coas necesidades do neno. É mais importante entender que, independentemente do diagnóstico, a atención temperá e a educación específica e o tratamento baseado nas capacidades individuais da persoa e nos apoios que precisa poden axudar a desenvolver ao máximo o seu potencial.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.