loading

Historia

A Fundación Menela constitúese no ano 1989 na cidade de Vigo, como evolución natural da traxectoria iniciada 12 anos atrás no Centro Menela na parroquia viguesa de Coruxo, auténti-co xerme da entidade. En aqueles inicios, cinco nenos e nenas con Autismo que recibían atención escolar nun pequeno local, deron lugar a actual Rede de Centros e Servizos da Fun-dación, que presta atención continuada a un total de 85 usuarios, aos que hai que engadir outros 120, aproximadamente, que reciben servizos esporádicos ao longo do ano.

Algúns fitos na historia da Fundación Menela

O traballo que veñen desenvolvendo os seus equipos desde 1976 permitiulle á Fundación Menela acadar algúns fitos destacados, entre los que figuran:

Como resumo deste longo período, pódese dicir que o maior logro da Fundación Menela é manter viva a ilusión e as ganas de aprender do primeiro día, facendo diariamente unha aposta polo traballo serio e aberto á colaboración cos demais, para seguir contribuíndo a que moitas persoas con TEA e familiares poidan mellorar as súas vida grazas aos apoios dos servi-zos que hoxe constitúen a súa rede.

Orixe de Menela

A Fundación Menela estende as súas raíces ata os primeiros anos da década dos setenta cando os coñecementos sobre os Trastornos do Espectro do Autismo eran aínda escasos e rudimentarios. Nace da visión do psiquiatra Dr. Cipriano Luís Jiménez Casas, que dedica a súa carreira profesional a traballar a prol do pleno desenvolvemento dos nenos e nenas con Autismo, potenciar as súas capacidades como persoas. Contando co apoio da familia Fernandez-Puentes e xunto a un pequeno grupo de colaboradores, o seu impulso fixo posible que, esta visión se convertera nunha realidade no ano 1976, na parroquia viguesa de Coruxo. Neses tempos, o descoñecemento social, incluso dos profesionais da sanidade, sobre este trastorno era a causa de que o autismo raramente fora detectado nas consultas pediátricas, polo moitos nenos e nenas afectadas por este trastorno víanse apartados dos apoios terapéuticos que precisaban. Neste escenario, o Colexio Menela converteuse en poucos anos nun referente para profesionais de distintos eidos que precisaban información e/ou formación sobre tratamento ou diagnóstico. O seu equipo de profesionais dedicou os seus esforzos a crear unha escola altamente especializada, onde primara a calidade na atención con unha proposta pedagóxica aberta á comunidade e atenta aos avances que se producen en todo o mundo en materia de educación e TEA.
Menela foi a orixe do que é a nosa organización hoxe.

Constitución da Fundación

Cando en marzo de 1989, promovida polo Dr. Jiménez Casas, foi constituída a Fundación Menela, o seu padroado definiu o obxecto da nova entidade, que podemos resumir con tres conceptos básicos: o servizo, a formación e a paixón polo saber. Estes principios programáticos sustentaron o ideario da organización e, co tempo, sería a súa marca de identidade, manténdose como modelo en todo os seus servizos. Primeiro no Centro de Día e Residencial para adultos “Castro Navás” e despois en todos os recursos que se foron poñendo en marcha e que hoxe forman parte da rede.

Rede de Centros e Servizos

O Centro Castro Navás inaugurase no ano 1993, concibido para dar atención especializada a mozos e adultos con TEA. Desde a súa posta en marcha, Castro Navás destinguiuse pola súa aposta firme por unha atención baseada no traballo, como a mellor ferramenta para o desenvolvemento das capacidades e a inclusión laboral dos seus usuarios. Desta idea xurde, no ano 2004, a empresa de inserción laboral CASTRO NAVÁS SL. A oferta do Centro Castro Navás complétase con un servizo residencial, que foi ampliado.
Co paso dos anos, cos avances no recoñecemento e na atención ás persoas con TEA e a toma de conciencia das propias familias e da sociedade en xeral, foron detectadas novas demandas e necesidades de apoio, que deron lugar a aparición de novos servizos. A posta en marcha do Edificio CAMI no casco histórico de Vigo permitiu poñer en marcha os servizos de Diagnóstico e Atención Temperá que serviron para dar cobertura ás demandas de moitas familias do sur de Galicia que carecían equipos especializados aos que dirixirse.
No ano 1996 ponse en marcha o Centro de Formación, co que a Fundación Menela dispuxo dun instrumento para transmitir a súa experiencia e o coñecemento acumulado ás persoas que pretendían dedicarse profesionalmente á atención á dependencia. O financiamento europeo fixo posible en 2006 completar a oferta formativa coa posta en marcha dunha plataforma de formación “on-line”. Ao longo deste anos, polas aulas do Centro de Formación levan pasados mais de 600 alumnos e alumnas que conseguiron superar os distintos cursos que programa a institución.
Coa creación da Fundación Tutelar “CAMIÑO DO MIÑO” a Fundación Menela pecha o desenvolvemento da súa estrutura, cunha oferta ampla que cubre as necesidades da persoas con TEA ao longo ao longo do seu ciclo vital.

Compartindo unha visión

Como resumo deste longo período, pódese dicir que o maior logro de Fundación Menela é manter viva a ilusión e as ganas de aprender do primeiro día, facendo diariamente unha aposta polo traballo serio e aberto á colaboración cos demais, para seguir contribuíndo a que moitas persoas con TEA e familiares poidan mellorar as súas vida grazas aos apoios dos servizos que hoxe constitúen a súa Rede.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.