loading

Integración Sensorial en nenos e nenas con Trastorno Do Espectro Do Autismo

 


Integración Sensorial en nenos e nenas con Trastorno Do Espectro Do Autismo

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión de 12 de agosto de 2016, dictou resolución pola que se outorga unha subvención de 5.853,00 euros á Fundación Menela para desenvolver o proxecto “Integración Sensorial en nenos e nenas con TEA”.

As persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) teñen un mundo perceptivo moi distinto ao resto das persoas. Posúen experiencias sensoriais perceptivas inusuais dende o punto de vista do desenvolvemento típico que poden ocasionar híper ou hiposensibilidade, variacións na percepción ou dificultades no momento de interpretar a información obtida a través dun sentido. Estas experiencias baséanse en experiencias reais, pero poden parecer, soar ou ser sentidas de xeito completamente diferente polas persoas con TEA.

O proxecto de Integración Sensorial está dirixido 34 nenos e nenas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), usuarios do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral da Fundación Menela. Na súa execución abórdanse as experiencias sensoriais perceptivas inusuais que presentan, desde o punto de vista do desenvolvemento típico, as persoas con autismo (hiper ou hiposensibilidade, inconsistencia da percepción, percepción fragmentada, distorsionada, retardada e vulnerabilidade á sobrecarga sensorial), có obxectivo de facilitar estratexias para aprender a interpretar e integrar os estímulos que se reciben a través dos sentidos, desenvolver habilidades funcionais para participar nas actividades ocupacionais da vida diaria e ampliar o coñecemento do mundo, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida.

Fundación Menela
Vigo, 30 de agosto de 2016


VOLTAR

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.