Actualidade

PREPARACIÓN Á VIDA AUTÓNOMA PARA PERSOAS CON TEA GRAVEMENTE AFECTADAS.

PREPARACIÓN Á VIDA AUTÓNOMA PARA PERSOAS CON TEA GRAVEMENTE AFECTADAS. PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF.

 

Fundación Menela desenvolveu, entre o 1 de marzo e o 30 de setembro de 2019, o programa “Preparación á Vida Autónoma para Persoas con TEA Gravemente Afectadas” no que participaron 12 mozos e adultos con Trastorno do Espectro do Autismo de idades comprendidas entre os 16 e 30 anos, có obxectivo de adquirir as habilidades e competencias que lles permitan lograr a máxima autonomía persoal posible, así como favorecer a súa inclusión social e laboral.

O programa desenvolveuse nas instalacións do Servizo de Prevención da Dependencia que a Fundación Menela ten na cidade de Vigo. Durante sete meses, profesionais de atención especializada deseñaron e desenvolveron un programa de intervención individualizado de contidos formativos e laborais, procurando os apoios para o desenvolvemento de habilidades de autonomía nas actividades da vida diaria. Este programa respondeu a unha variedade moi heteroxénea de necesidades persoais e de situacións vitais diversas de cada un dos 12 participantes.

Así, partindo dunha intervención en contextos naturais e cotiás, e baseándonos nun modelo natural de facilitación da comunicación e a interacción social, promovéronse actividades que facilitaron a adquisición e uso de habilidades de comunicación, habilidades de autonomía persoal (hixiene persoal, vestido, alimentación, saúde e seguridade) e actividades do fogar, habilidades sociais e de relación interpersoal, competencias formativas, habilidades vocacionais e laborais, toma de decisións persoais, coñecemento e defensa dos propios dereitos, e participación nos recursos da comunidade. 

Fundación Menela, para o desenvolvemento do programa, contou coa concesión dunha subvención de 4.451,84 euros destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Consellería de Política Social.

 

 

Fundación Menela | 2 de outubro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.