Actualidade

Juan Martínez entrega unha doazón económica á Fundación Menela

Juan Martínez entrega unha doazón económica á Fundación Menela

O pasado venres 12 de febreiro, o fundador e presidente do operador loxístico global KALEIDO, Ideas & Logistics, Juan Martínez, fixo entrega dunha doazón económica ao director xeral de Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez, nun sinxelo e acolledor acto no que participaron outras entidades locais de iniciativa social. Coa aportación recibida a Fundación Menela reforzará o seu proxecto de inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. Esta acción de RSC ten o valor engadido de que a metade da doazón parte directamente de aportacións voluntarias dos propios empregados. KALEIDO, Ideas & Logistics aporta a mesma cantidade que os seus empregados destinan a causas sociais, duplicando así a cantidade recadada.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.