Actualidade

Fundación Menela e a Obra Social “La Caixa” asinan un convenio de colaboración

 

Fundación Menela e a Obra Social “La Caixa” asinan un convenio de colaboración para financiar o proxecto de mellora organizativa da Rede Menela

Cipriano L. Jiménez Casas, director xeral da Fundación Menela, e Noemí González Sanromán, en representación da Obra Social “La Caixa”, suscribiron esta mañá un convenio de colaboración polo que a entidade financeira aporta 5000€ para apoiar o proxecto de mellora organizativa da Rede Menela.

A través desta colaboración da Obra Social “La Caixa”, Menela continúa có proxecto de mellora organizativa para desenvolver un escenario de xestión por procesos no que os diferentes servizos da Rede Menela se atopan identificados, tanto nos seus contidos como nas súas interrelacións internas e externas. Xeramos un enclave de coñecemento có obxectivo de mellorar a eficacia e eficiencia, cumprir os obxectivos dos servizos fixados na misión, visión e valores da Fundación Menela e no Plan Estratéxico Menela20; así tamén conseguir os mellores estándares de calidade ISO 9001:2015, e atender as demandas das persoas usuarias e a sociedade, no que ao apoio das persoas con autismo, as súas necesidades e dereitos se refire.

Desde Fundación Menela queremos agradecer o apoio da Obra Social “La Caixa” por respaldar o traballo que realiza a entidade para mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e a das súas familias.

Fundación Menela | 15 de setembro de 2017

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.