Actualidade

Fundación Bancaria “la Caixa” apoia á Fundación Menela no desenvolvemento do proxecto “Prevención do envellecemento prematuro en persoas adultas con TEA” 

Fundación Bancaria “la Caixa” fixo pública a Convocatoria de Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade 2020, de concesión de axudas para a realización de proxectos dirixidos a promocionar a vida independente, a autonomía persoal e o benestar das persoas maiores, persoas con discapacidades, con trastorno mental ou enfermidades, así como a atención ás necesidades da súa contorna familiar.

Neste marco o proxecto presentado pola Fundación Menela baixo o título “Prevención do envellecemento prematuro en persoas adultas con TEA” foi seleccionado e aceptado polos órganos de goberno da Fundación Bancaria “la Caixa”.

Un ano máis gracias a esta Entidade pola súa colaboración e apoio para levar a cabo os fins sociais da Fundación Menela.

Fundación Menela | 10 de xuño de 2020 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.