Actualidade

Aberta a inscrición para participar no Obradoiro de Robótica, có que damos comezo ao ciclo de actividades de lecer dirixidas a nenos e adolescentes do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral.

Aberta a inscrición para participar no Obradoiro de Robótica, có que damos comezo ao ciclo de actividades de lecer dirixidas a nenos e adolescentes do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral.

Fundación Menela comezou o ano traballando en diferentes iniciativas de lecer dirixidas aos nenos e adolescentes do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral. Orientadas aos diferentes grupos de idade, todas elas desenvólvense en contornas naturais, contando co acompañamento dos terapeutas do SAI, para favorecer a inclusión e dar maior visibilidade do TEA na sociedade.

A nosa primeira proposta basease na idea de que a creación ten unha implicación global para o desenvolvemento, xenerando beneficios a nivel sensorial, motriz e cognitivo. Por iso, e coa colaboración da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, comezamos cun Obradoiro de Robótica no que os rapaces e rapazas poderán potenciar a súa creatividade a través do deseño, construción e programación de robots. Trátase dunha actividade de dificultade media-alta, polo que os destinatarios son nenos e nenas con idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos.

O Obradoiro de Robótica levarase ao cabo o vindeiro 22 de marzo de 17:00h a 20:00h, na Escola de Enxeñería de Telecomunicación do Campus Universitario de Vigo (CUVI). Será impartido por Raúl Rodríguez Rubio, profesor do Grao de Enxeñería de Tecnoloxías da Comunicación, e que á vez desenvolve o proxecto ENXEÑA, no que se levan a cabo diversas actividades de robótica para escolares.

Debido ás características da actividade que ten carácter gratuito, esta conta cun máximo de 12 prazas polo que se eres familia do SAI e estás interesada en que o teu fillo ou filla participe, inscribiros coa maior brevidade posible. Para facelo, podedes dirixirvos a Administración do edificio CAMI ou a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

25 de febreiro de 2019
Fundación Menela

Compartir Pechar
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar