loading

SUMANDO CAPACIDADES - FORMACIÓN EN HABILIDADES SOCIOLABORAIS DE PERSOAS CON TEA

FORMACIÓN EN HABILIDADES SOCIOLABORAIS DE PERSOAS CON TEA

O emprego considérase un medio clave na inclusión social, esencial para afrontar a vida adulta con autonomía e independencia, que resulta imprescindible para o disfrute efectivo dos dereitos humanos e liberdades fundamentais (participación social, vida independente, etc.). Aquí, as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) son un dos colectivos con maiores dificultades de participación comunitaria, acceso á formación e ao mercado laboral. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión de 11 de outubro de 2018, dictou resolución pola que se outorga unha subvención de 4.966,80 euros á Fundación Menela para a execución de Sumando Capacidades, proxecto de formación en habilidades sociolaborais de persoas con TEA.

Sumando Capacidades é un proxecto formativo dirixido a 8 persoas adultas con TEA e discapacidade intelectual asociada, de idades comprendidas entre os 28 e 39 anos, con necesidades de apoio extensas e xeneralizadas, e competencias para adaptarse a un posto de traballo na Lavandería Industrial Castro Navás. Cun carácter eminentemente práctico e baixo a perspectiva de Planificación Centrada na Persoa, ten o obxectivo de favorecer a inclusión sociolaboral de persoas con TEA nun entorno de traballo ordinario, sensible á innovación na educación permanente e á diversidade, incrementando as súas oportunidades de promoción persoal, profesional e de inclusión social, así como as súas habilidades de autodeterminación e calidade de vida.

O seu desenvolvemento recolle un programa de intervención individualizado que abrangue a adaptación do posto de traballo e a formación en habilidades para o seu desempeño, tanto en relación as propias da actividade laboral na lavandería como habilidades sociais e comunicativas. De forma paralela, a intermediación laboral contribúe a sostenibilidade do proxecto, a sensibilización do sector empresarial e da sociedade sobre as capacidades laborais das persoas con TEA.

Ética na práctica, empatía na relación, traballo compartido e a aplicación dunha metodoloxía adaptada (apoios visuais, estruturación de tempos de traballo e espazos de actividade) adecuada, son aspectos claves que influiron nos resultados positivos acadados.

Neste senso, cabe destacar como criterios de éxito a capacitación e especialización dos profesionais, así como dun coñecemento profundo das necesidades e capacidades de cada participante. Todo isto, contribuiu a unha valoración positiva do proxecto, así como un alto grao de satisfacción por parte tanto dos beneficiarios como das súas familias.

Fundación Menela | 4 de outubro de 2018

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.