loading

Diagnóstico e Orientación

Diagnóstico e Orientación

Servizo Interdisciplinario Especializado na identificación e avaliación dos Trastornos do Espectro do Autismo

O Servizo de Diagnóstico, Valoración e Orientación está especializado no diagnóstico e na avaliación das necesidades, orientación, información dos recursos e nas propostas de intervención dirixidas tanto as persoas con TEA e as súas familias como aos profesionais que traballan con eles e o seu contorno.

Dende este servizo promóvense e apóianse tanto o seguimento como as accións centradas nunha detección e atención temperá nos TEA.

Séguense as boas practicas recoñecidas sobre diagnóstico e detección do autismo (Grupo GETEA. Instituto de Salud Carlos III).

QUE FACEMOS

Detección temperá dos TEA
Avaliación empregando os sistema de clasificación internacionais aceptados: DSM5 e CIE-10
Utilización das probas específicas para o diagnóstico dos TEA: ADI-R e ADOS2
Avaliación das competencias do neno-a: cognitivas, de linguaxe, habilidades adaptativas, etc.
Elaboración dun informe diagnóstico
Entrega a familia do informe, explicando o diagnóstico e tódolos resultados obtidos, aclarando as dúbidas que xorden e proporcionando unha orientación axustada ao neno-a e a súa familia en todos os contornos: educativo, social, familiar e na comunidade

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Edificio Cami

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

mlopez@menela.org
diagnostico@menela.org

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.