Actualidade

Xornada de Convivencia ao redor da Rede Menela

Xornada de Convivencia ao redor da Rede Menela

O pasado 12 de decembro, a Fundación Menela celebrou a xornada anual de convivencia entre os profesionais que forman parte da entidade.

Na devandita xornada, o equipo técnico de dirección da fundación, acompañado por diferentes profesionais, achegou o traballo que, no día a día, se desenvolve na rede de centros e servizos para o autismo e a dependencia de Fundación Menela; unha rede na que se inclúen os servizos de Diagnóstico, Atención Temperá, Centro de Educación Especial Menela, Centro de Día e Residencial Castro Navás, Residencia para persoas maiores e a Fundación Tutelar “Camiño do Miño”.

Así mesmo, foi unha oportunidade para compartir as inquedanzas e experiencias que aporta o traballo con persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, e poñer en valor a laboura desenvolta ao longo destes anos pola Fundación Menela.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.