Actualidade

Velada Astronómica

 O paso venres 6 de setembro disfrutamos dunha noite diferente! Acompañados por profesionais da Asociación ASTROVIGO e familias da Fundación Menela, os rapaces do Edificio CAMI gozaron dunha velada astronómica na praia de Samil. Unha observación nocturna na que puidemos, con telescopios, achegarnos ao ceo, a lúa e aos planetas.

Grazas a ASTROVIGO por compartir con nós esta bonita experiencia.

A velada astronómica enmárcase no Programa de Lecer dirixido aos nenos, nenas e adolescentes do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral da Fundación Menela.

Fundación Menela Ι 12 de setembro de 2019

 

Compartir Pechar
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar