Actualidade

Traballamos xuntos. Sumamos capacidades.

Proxecto de reforzo da empregabilidade de persoas con autismo

Traballamos Xuntos. Sumamos Capacidades foi o proxecto formativo presentado pola Fundación Menela e un dos 51 seleccionados pola Fundación ONCE no marco da Convocatoria de Axudas Económicas a Proxectos de Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – Ano 2019. 

Traballamos Xuntos. Sumanos Capacidades da resposta á necesidade de xerar unha oportunidade de éxito formativo a persoas usuarias e residentes do Centro de adultos Castro Navás, do que é titular Fundación Menela, que nos fan ver cada día a súa ilusión por aprender e traballar.

Trátase dun programa formativo dirixido a cinco persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada que garante a implementación dun sistema de apoios especializados e individualizados, que impacta non só no desenvolvemento das competencias persoais e coñecementos técnicos requiridos para o desempeño laboral na área de cociña e hostalería, senón tamén no deseño dunha contorna de traballo accesible e axustado ás necesidades de cada unha das persoas con TEA que participan no proxecto. No seu desenvolvemento contamos coa colaboración da empresa Alprinsa S.A.U.

O programa recibiu o apoio da Fundación ONCE por un importe de 20.000€. Estas axudas económicas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil Cofinanciado dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais de persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación

 

19 de maio de 2019
Fundación Menela

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.