Actualidade

SUMANDO CAPACIDADES FORMACIÓN EN HABILIDADES SOCIOLABORAIS DE PERSOAS CON TEA

SUMANDO CAPACIDADES. FORMACIÓN EN HABILIDADES SOCIOLABORAIS DE PERSOAS CON TEA

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, en relación ás subvencións dirixidas a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia de Pontevedra no ano 2019, concederlle unha subvención a FUNDACIÓN MENELA por importe de 6.000,00 euros para a execución do proxecto SUMANDO CAPACIDADES.

A segunda edición do proxecto SUMANDO CAPACIDADES partiu dunha axeitada planificación e orientación previa sobre a detección de intereses e capacidades das persoas beneficiarias. En base a esta orientación vocacional, participaron no proxecto 8 persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada as cales, durante seis meses meses, realizaron un programa formativo que combinou teoría e práctica para adquirir as competencias necesarias para desenvolver as tarefas nunha Lavandería Industrial.

Unha vez máis, o proxecto puxo de manifesto que é imprescindible contemplar a posibilidade de que as persoas con TEA poidan acceder a unha formación e a un traballo digno, promovendo as oportunidades e competencias persoais que resulten necesarias para facelo.

SUMANDO CAPACIDADES contribuiu á sensibilización para promover a igualdade de oportunidade e a facer do dereito á formación e ao emprego unha realidade; un factor esencial que incide na mellora da calidade de vida, o desenvolvemento persoal e a participación plena da persoa con TEA na sociedade.

 

Fundación Menela | 4 de decembro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.