Sexualidade en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo
Os días 18 e 19 de decembro tivo lugar a acción formativa “Sexualidade en persoas con TEA” impartida por Rosa Álvarez Pérez, psicóloga clínica, directora técnica da Federación Autismo Andalucía e profesora asociada na Universidade de Sevilla.
Ao longo de dúas xornadas profundizouse en contidos teóricos sobre a sexualidade, abordándose a expresión da sexualidade en persoas con TEA, a definición de políticas de centro e programas de educación sexual, estratexias e pautas de actuación en base as necesidades de apoio das persoas con TEA.
Organizada por Fundación Menela, estivo dirixida as familias do Centro de Día e Residencial Castro Navás e profesionais da Rede de Centros e Servizos de Fundación Menela.