Actualidade

Proxecto Mellora de Instalacións para a Atención a Persoas con TEA

O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2020, o proxecto “Mellora de Instalacións para a Atención a Persoas con TEA” da Fundación Menela.

 

Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 14.534,31 euros, para a contratación de persoal específico, que permitirá desenvolver o proxecto “Mellora de Instalacións para a Atención a Persoas con TEA” coa finalidade de acondicionar as actuáis instalacións coas que conta a Fundación na cidade de Vigo, adaptar un espacio propio destinado a albergar un novo servizo de atención a menores con Autismo e as súas familias, e ampliar a actual carteira de servizos da entidade na cidade coa incorporación de novas ofertas asistenciais destinadas as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. 

Fundación Menela contará con dous Oficiais de 1ª Oficios e un Oficial de 2ª Oficios, perfis profesionais que traballaran para manter, reparar e mellorar as instalacións do Edificio CAMI, Colexio Menela e a Sede da Fundación Menela, atender as averías e incidencias de funcionamento das instalacións, e proporcionar un entorno saudable e seguro para as persoas con TEA nos espazos onde se desenvolven actividades.

Fundación Menela | 31 de xullo de 2020

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.