Actualidade

PROXECTO ATENCIÓN RESIDENCIAL A PERSOAS ADULTAS CON TEA PROGRAMA DE COOPERACIÓN. GARANTÍA XUVENIL  XUNTA DE GALICIA - FUNDACIÓN MENELA

PROXECTO ATENCIÓN RESIDENCIAL A PERSOAS ADULTAS CON TEA PROGRAMA DE COOPERACIÓN. GARANTIA XUVENIL XUNTA DE GALICIA - FUNDACIÓN MENELA

 

A secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia outorga unha subvención á FUNDACION MENELA para a contratación de 3 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “ATENCIÓN RESIDENCIAL A PERSOAS ADULTAS CON TEA”. 

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.  A finalidade desta axuda é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional de tres persoas mozas, proporcionándolles unha experiencia e práctica profesional no eido da atención a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo en institucións sociais, que facilite a súa futura inserción laboral.

A execución do programa enmárcase no Plan Estratéxico 2017-2020 da Fundación Menela así coma no Plan de Acción 2020, contribuíndo a misión e visión da entidade. Máis en concreto, contribúe aos obxectivos estratéxicos de mellorar a calidade dos servizos e reforzar o modelo organizativo a través do talento e da innovación; impulsar a participación social das persoas con TEA para conseguir o seu recoñecemento social; e aumentar e diversificar a base de recursos para financiar un crecemento sostido e promover unha rede de alianzas que aporte valor. 

Durante un periodo de sete meses as persoas contratadas achegaranse a comprensión do Trastorno do Espectro do Autismo na vida adulta, adquirindo coñecementos e estratexias de intervención que lles permitan facilitar apoios individualizados aos usuarios e residentes do Centro Castro Navás. Así dase resposta as necesidades específicas que presentan nesta etapa vital, promovendo a súa autonomía, desenvolvemento persoal e participación social, coa finalidade última de contribuír a mellora da calidade de vida, misión da Fundación Menela.

 

Fundación Menela | 30 de outubro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.