PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA PERSOAS CON TEA DA FUNDACIÓN MENELA
Fundación Menela en base á resolución do 31 de decembro de 2018 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 12 de setembro de 2018 da Consellería de Política Social, recibirá 27.549,12 euros para desenvolver un total de catro programas: Preparación á Vida Autónoma para Persoas con TEA Gravemente Afectadas, Dotación de Vehículos para Actividades en Residencia de Adultos Gravemente Afectados, Programa de Respiro Familiar 2019 e LUDOTEA, que inciden na mellora da Calidade de Vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo abordando diferentes momentos do seu ciclo vital.
Neste marco, e atendendo a individualidade das persoas beneficiarias, Fundación Menela ofrece unha resposta especializada e aborda unha serie de necesidades comúns que se derivan da propia natureza do TEA, entre as que destacan, as medidas de conciliación e apoio as familias, a intervención especializada e/ou apoio en contextos naturais para promover aprendizaxes funcionais e significativos nos diferentes ámbitos vitais, o aproveitamento e goce do ocio e tempo de lecer, e a aprendizaxe de habilidades relevantes para o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión da persoa na sociedade.
Fundación Menela | 17 de xaneiro de 2019