PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DE PERSOAS CON TEA DA FUNDACIÓN MENELA
Fundación Menela en base á resolución do 23 de decembro de 2019 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 6 de setembro de 2019 da Consellería de Política Social, recibirá 57.639,00 euros para desenvolver un total de sete programas: Programa de Respiro Familiar, Preparación á Vida Autónoma e para o Emprego de Adolescentes con TEA, Encontros 2020. Formación e Asesoramento a Familias, Servizo de Diagnóstico Especializado para Mulleres con TEA, LUDOTEA, Prevención do Envellecemento Prematuro en Persoas Adultas con TEA, e Renovación da Estrutura de Rede e Equipamento Informático para o Centro de Día Castro Navás. Todos eles responden a necesidade dunha atención integral, inclusiva e baseada na evidencia científica, abordando os diferentes momentos do ciclo vital e contribuíndo a mellora da Calidade de Vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.
Neste marco, e atendendo a individualidade das persoas beneficiarias, Fundación Menela ofrece unha resposta especializada e aborda unha serie de necesidades comúns que se derivan da propia natureza do TEA, entre as que destacan, o diagnóstico especializado de mulleres con TEA, a intervención especializada para a vida autónoma e o emprego de adolescentes con TEA, o aproveitamento do ocio e tempo de lecer, o envellecemento activo, e as medidas de conciliación, apoio e asesoramento as familias. A esta abordaxe integral súmase a renovación da estrutura de rede e equipamento informático do centro de adultos Castro Navás.
Fundación Menela | 20 de xaneiro de 2020