Actualidade

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2019

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR 2019. PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF.

 

Fundación Menela desenvolveu, entre o 1 de marzo e o 30 de setembro, o “Programa de Respiro Familiar 2019” có obxectivo de atender as necesidades que xorden no seo dunha familia cando un dos seus membros é unha persoa con discapacidade intelectual con necesidades de apoio xeneralizadas e mellorar a Calidade de Vida do núcleo familiar que se encarga do coidado e apoio da persoa con discapacidade.

No mesmo participaron 27 persoas con discapacidade que acudiron, durante as fin de semana, ao Centro de Día e Residencial Castro Navás. A súa execución ofreceu ademais un conxunto de actuacións que permitiron o acceso e a participación en actividades lúdicas e de ocio, o goce do tempo de lecer mediante a realización de actividades satisfactorias, e a participación nos recursos comunitario de ocio. Todo nun marco xeral de apoio que fomentou as habilidades de autonomía, de elección persoal e autodeterminación.

Fundación Menela, para o desenvolvemento do programa, contou coa concesión dunha subvención de 6.000,00 euros destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Consellería de Política Social.

 

 

Fundación Menela | 2 de outubro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.