Actualidade

POR FIN O NOSO FARO! - O CEE Menela obtén dous premios no Concurso FARO DA ESCOLA

O CEE Menela obtén dous premios no Concurso FARO DA ESCOLA, proxecto didáctico que promove este xornal e no que participaron outros 50 colexios da nosa provincia. Sempre tiñamos nas cortizas das aulas un apartado para “a noticia do día”, pero traballar na elaboración dun “xornal de verdade” tiña outras connotacións. Este ano animámosnos a elaboralo, axudándonos entre alumnos, auxiliares e profesores, en todo o que ía xurdindo. Foi un verdadeiro traballo en equipo!

Os alumnos do centro educativo Menela, viviron unha xornada festiva nos xardíns do Pazo de Castrelos, xunto con outros 2.500 escolares. Recolleron os seus xornais xa impresos coas noticias que foron elaborando e fotografando ao longo do presente curso escolar 2017/18. Sabiamos que ao final deste proceso ía haber premios, pero… Dous!! Todo un luxo!

1º “Premio á mellor infografía” Grazas á colaboración e facilidade en manexo de tics de Paula García, plasmáronse noticias con apoios visuais, como son as traducións en pictogramas (ARASAAC), para facilitar a lectura do noso alumnado con TEA, así como textos có programa de “lectura fácil”.

2º “Premio á noticia de Vida saudable con Velgalsa” Empresa que nos visitou no colexio facendo unha xornada didáctica con todo o alumnado. Incidiron na importancia para comer froitas, os rapaces elaboraron aperitivos curiosos con elas. A noticia mostra tamén o comedor do Centro Menela empapelado de murais de mil cores e diferentes técnicas sobre a comida sana, realizados polos nosos alumnos: da pirámide alimenticia, dos valores nutricionais da laranxa, do que hai que comer todos os días, da importancia de beber auga, dos vexetais e verdura, dos almorzos mellores, do Ollo! ante produtos envasados…etc.

Faro de Vigo regalounos unha tirada de 100 xornais do centro Menela, que fomos repartindo encantados por todo o colectivo e próximos ao mesmo. Non podemos rematar esta noticia sen agradecer ás familias do noso alumnado a colaboración por unanimidade neste Faro da Escola do que nos sentimos tan orgullosos.

 Fundación Menela | 1 de xuño de 2018

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.