Actualidade

PARTICIPACIÓN SOCIAL PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF

 

Fundación Menela desenvolveu, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, o “Programa de Participación Social” có obxectivo de crear espazos de ocio compartido entre persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e os seus irmáns, onde poder desenvolverse física e emocionalmente a través de xogos e obradoiros de entretemento, fomentando a mellora das habilidades sociais e a autonomía persoal.

12 foron os beneficiarios, seis nenos e nenas con TEA acompañados dos seus irmáns, que participaron dunha programación de actividades deportivas, culturais e tecnolóxicas que se desenvolveron en contornas naturais da Cidade de Vigo, e que se complementaron cos xogos que se deseñaron para impulsar o desenvolvemento de habilidades sociais, de autonomía persoal, elección e autodeterminación, e que se levaron a cabo nas instalacións do Edificio CAMI que a Fundación Menela ten no casco histórico de Vigo.

Fundación Menela, para o desenvolvemento do programa, contou coa concesión dunha subvención de 3.000,00 euros destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Consellería de Política Social.

Fundación Menela Ι 30 de setembro de 2020

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.