Actualidade

O CONSELLO DO PADROADO DA FUNDACION MENELA APROBA O PLAN DE ACTUACIÓN 2016

Presentada a proposta de Plan de Acción para 2016

 A Fundación Menela incorpora a un novo membro ao seo Padroado.

O Consello do Padroado reúnese para debater a proposta de Plan de Actuación da entidade para o vindeiro ano 2016 na reunión ordinaria a celebrar este sábado, día 28 de novembro.

Os obxectivos xerais que establece a Dirección Xeral para o vindeiro ano son: deseñar unha estrutura de xestión que responda aos novos retos, coa vista posta na apertura do novo módulo residencial en Nigrán; implantar modelos dirixidos á mellorar as competencias profesionais do seu persoal e fortalecer a capacidade da rede no desenvolvemento de accións de captación de recursos.

Nesta reunión participará, por vez primeira, D. Luís Ángel Fernández Barrio, Maxistrado-xuíz do xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo e pai dun alumno do Centro Menela, despois de ser aprobado o seu nomeamento na última reunión do Padroado celebrada en xuño. Luís Fernández xa viña apoiando á Rede Menela a través da Fundación Tutelar "Camiño do Miño" e asume con este un novo compromiso coa nosa entidade, aportando a súa experiencia profesional e persoal ás deliberacións do seu máximo órgano de dirección.Benvido, Luís!

VER PLAN DE ACCIÓN

ACTIVIDADES 2016

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.