Actualidade

LUDOTEA

LUDOTEA. PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF.

 

Fundación Menela desenvolveu, entre o 1 de febreiro e o 31 de agosto, o programa “LUDOTEA”, deseñado para satisfacer as necesidades de nenos e nenas con TEA e os seus irmáns, que están en idade escolar, proporcionando un espazo para a interrelación nun medio de xogos e talleres de entretemento, que persegue desenvolver tanto redes sociais entre familiares con TEA, neste caso irmáns, como mellorar as habilidades psicosociais das persoas beneficiarias. Ao mesmo tempo, o programa deu resposta a carencia de ludotecas de lecer especializadas en TEA na cidade de Vigo.

 Para o desenvolvemento do proxecto contouse cunha pedagoga especilizada en TEA e cunha planificación de xogos tanto exteriores (parque infantil e xardíns) como interiores (talleres creativos e de manualidades). As actividades de Apoio Educativo para con TEA realizáronse durante 7 meses, de febreiro a agosto, a razón de 1 hora semanal por cada un dos 7 participantes. Deste xeito, prestouse atención por un total de 196 horas. Nas actividades lúdicas con irmáns participaron un total de 16 rapaces dos que 7 eran nenos con TEA e 9 irmáns. As sesións impartíronse por dúas horas quincenais durante 6 meses, o que da un total de 24 horas de intervención por cada grupo. 

A programación das sesións estivo determinada polas características individuais de cada neno, os seus gustos e intereses, o vínculo entre irmáns e a súa maneira de relacionarse entre eles e co entorno, e por aspectos como as condicións atmosféricas e a dispoñibilidade de espazos e materiais.

 Fundación Menela, para o desenvolvemento do programa, contou coa concesión dunha subvención de 3.886,90 euros destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Consellería de Política Social.

 

 

Fundación Menela | 4 de setembro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.