Actualidade

#HAZESPACIO AS PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER. POLO RECOÑECEMENTO DOS SEUS DEREITOS E A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

#HAZESPACIO AS PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER. POLO RECOÑECEMENTO DOS SEUS DEREITOS E A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

 

Vigo, 18 de febreiro de 2020. Hoxe celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, data instaurada en 2007 para visibilizar a realidade, necesidades e capacidades das persoas con síndrome de Asperger (ou TEA sen discapacidade intelectual asociada). Aínda que descoñecemos o número exacto de persoas que conforman este colectivo, diversos estudos de prevalencia da discapacidade intelectual na poboación infantil e adolescente con autismo (menores de 18 anos) apuntan a que poderían representar ao redor dun 45-70% do colectivo TEA. 

Para celebrar este día, Fundación Menela súmase a campaña “#HazEspacio” promovida pola Confederación Autismo España, que pon o foco no esforzo que fan as persoas con síndrome de Asperger por encaixar nas diferentes contornas sociais, que non se adaptan ás súas características e necesidades, véndose obrigadas mesmo a “perder” parte da súa propia personalidade e a adquirir esas posturas incómodas que representan as persoas relacionadas con cada letra da imaxe.

Por iso, a principal reivindicación da campaña “#HazEspacio” é o recoñecemento específico do TEA, no que se inclúe a síndrome de Asperger, nos ámbitos normativo e administrativo, como un trastorno con características específicas e necesidades propias, tal e como xa está recoñecido pola Comunidade Científica e a Organización Mundial da Saúde. 

Neste sentido, no día de hoxe reivindicamos unha mellora no recoñecemento das necesidades das persoas con síndrome de Asperger nos sistemas de valoración da discapacidade e da situación de dependencia, así como a incorporación do TEA de maneira específica na normativa española, para garantir a eliminación dos baleiros existentes na actualidade e acabar coas discriminacións que sofre o colectivo en ámbitos como a educación ou o emprego. E é que, ata a data, todas as regulacións que identifican a colectivos especialmente vulnerables relacionados coa discapacidade empregan a fórmula “Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual cun grao de minusvalía recoñecido igual ou superior ao 33%”, quedando o colectivo TEA (incluíndo as persoas con síndrome de Asperxer) fose de calquera recoñecemento de dereitos. 

 

Reivindicacións específicas en materia de emprego e educación 

Dous dos ámbitos nos que as persoas con síndrome de Asperger sofren maior discriminación son o laboral e o educativo. Polo que respecta ao emprego, moitas delas non dispoñen do certificado de discapacidade (que acredita ter un 33% ou máis de discapacidade), o que lles dificulta solicitar adaptacións no posto de traballo e impídelles ser contratadas dentro da cota do 2% de contratos de discapacidade ao que están obrigadas as empresas de máis de 50 traballadores. Polo que respecta ao emprego público, tampouco poden optar ás adaptacións necesarias nos exames das oposicións. Por iso, reclamamos que, aínda que as persoas con síndrome de Asperger non dispoñan de certificado de discapacidade, garántase a adaptación dos procesos de acceso ao emprego público e o posterior apoio no posto, e que se recoñeza especificamente ás persoas con TEA como beneficiarias dos programas de emprego con apoio. 

No ámbito da educación, os alumnos con síndrome de Asperger, ao non ter discapacidade intelectual asociada, quedan excluídos das bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Por iso, reclamamos tanto o recoñecemento específico das persoas con TEA como beneficiarias directas desas axudas como a inclusión do diagnóstico de TEA na convocatoria das mesmas, como documentación acreditativa da necesidade específica de apoio educativo (en caso de non dispoñer dos certificados determinados na convocatoria). 

Estas reivindicacións, ademais, enmárcanse en tres dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), propostos pola ONU en 2015 para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos, sen deixar a ninguén atrás: ODS 4 (Educación de calidade), ODS 8 (Traballo decente e crecemento económico) e ODS 10 (Redución das desigualdades).

Fonte: Confederación Autismo España

 

 

Fundación Menela | 18 de febreiro de 2020

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.