Actualidade

2 de abril ׀ Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Fundación Menela presenta “Donde el tiempo no funciona” de PANUC para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
e súmase a campaña do movemento asociativo do autismo “Puedo Aprender. Puedo Trabajar”

 

O 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA), un día no que queremos visibilizar a realidade que viven todos os días do ano as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias, sumándonos a campaña do movemento asociativo do autismo baixo o lema “Podo APRENDER. Podo TRABALLAR” para reivindicar o dereito a unha educación e un emprego para todas as persos con Autismo

 

As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

 

Presentación libro “Donde el tiempo no funciona” de PANUC

O martes 30 de marzo ás 16:30h, a través do canal Youtube Fundación Menela, tivo lugar a presentación do libro "Donde el tiempo no funciona" de PANUC. Tras estas siglas hai moito máis que iniciais dos membros da familia Sánchez Muiña. Paula, Antón, Nuria e Conchi coseron as palabras desta novela con humor e, especialmente, con corazón; unha novela imprescindible que visibiliza aos irmáns que teñen que vivir a sombra dun irmán con Autismo, e que supón unha achega importante no que respecta as vivencias, emocións e percepcións dos irmáns de persoas con discapacidade.

 

 

 

En palabras de PANUC:

Un día alguén nos dixo: ¨Acostumarédesvos¨. Pero a realidade é que nunca o fixemos. Con todo, sí continuamos aprendendo cada día para vivir coas singularidades da nosa filla Paulosky con condición de espectro autista, aprendendo que a integración é bidireccional; porque sempre tratamos de normalizar a súa vida nun mundo de ruído e desorde que lles desconcerta, cando sería máis fácil que nós nos mergullásemos no seu. No noso caso, coa inestimable axuda da FUNDACIÓN MENELA, e doutros centros e profesionais que lles precederon.

A novela DONDE EL TIEMPO NO FUNCIONA está narrada desde o punto de vista de Nuria, a irmá pequena de Paulosky, en clave dunha especie de aventura tremendamente divertida que transcorre á vez que ela vai crecendo ata chegar á universidade. Esta aventura céntrase na procura do lugar ou a forma onde o tempo transcorra da mesma maneira para ambas facendo que eses fatídicos tempos de espera entre berros e autoagresiones poidanse normalizar, normalizando así tamén a vida de ambas.

O obxectivo é transmitir unha visión optimista e esperanzadora apuntalada por unha infinidade de situacións realmente duras narradas dunha forma sarcásticamente divertida, para que chegue a todo tipo de persoas e idades coa mensaxe de que sempre existirán circunstancias que nos superen para as que non atoparemos solución, pero si poderemos determinar como afrontaremos esas situacións.

Na presentación, que tivo lugar no xardín da sede de Afundacion de Vigo, Conchi e a súa filla Nuria estiveron arropadas polo director xeral da Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez Casas, a directora do Centro Castro Navás, Pilar Pardo, no que actualmente reside Paula, e Berta Meijide, profesora nos seus tres últimos anos escolares no Colexio Menela, e profesional que a acompañou na súa transición ao Centro de adultos Castro Navás.

Campaña de Concienciación

Por mor da COVID-19, a maior parte das actividades estiveron focalizadas en campañas activas nas redes sociais, baixo o lema “Podo Aprender. Podo Traballar”, onde compartimos testimonios para visibilizar as barreiras, oportunidades e realidades coas que convivimos nestas dúas áreas fundamentais para a calidade de vida de toda persoa.

 

Fundación Menela participou no DMCA2021 coas seguintes accións:

 

Co galo da conmemoración do Dia Mundial Autismo o CLUBE XADREZ MENELA convidou ao Clube Xadrez Mos a disfrutar dun pequeno torneo nas instalacións do Edificio CAMI, resultando unha xornada estupenda para ambos clubes!

 

Asemade, co fin de dar protagonismo as persoas con Autismo, este ano os rapaces e rapazas do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral (SAI) sairon a rúa para preguntar a xente e aos comerciantes do Casco Vello de Vigo, QUÉ É O AUTISMO? e CÓMO CREN QUE É UNHA PERSOA CON AUTISMO? 

Esta acción culminou o 2 de abril coa difusión do vídeo de LUCÍA CAMPOS GONZÁLEZ, rapaza con TEA usuaria do SAI, que explica de primeira mán QUÉ É O AUTISMO? Un recurso audiovidual no que destacamos a claridade da exposición de Lucía e a importante achega para coñecer o TEA, e facilitarnos a súa comprensión. O video, compartido nas redes da Fundación, foi enviado a 111 colexios.

Centrados na persoa, nas súas fortalezas e debilidades, nos seus gustos, intereses e expectativas persoais, para conmemorar o DMCA, o alumnado do CEE Menela foi o protagonista de sete videos para dar a coñecer as súas aprendizaxes do día a día, un exemplo do talento das persoas con Autismo e da importancia de xenerar oportunidades.

Pola súa parte, o Centro Castro Navás compartiu o propio 2 de abril o proceso de creación do graffiti "Menela" realizado por Marta, Víctor, Miguel e Yoli. Unha experiencia cargada de creatividade, ilusión e moita cor, que se enmarca dentro do proxecto "Persoas Artistas" que desenvolve Dudi Villanueva no propio centro con persoas adultas con #TEA.

#PodoAprender.PodoGRAFITEAR

 

Iluminemos o Mundo de Azul

O Concello de Vigo, Concello de Nigrán, Concello de Baiona e o Concello de Gondomar sumáronse a campaña internacional Light it Up Blue (#lLIUB), promovida por Autism Speaks, tinguindo na tarde do 2 de abril as Fontes da Rúa Aragón, e as casas dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar, a Ponte Románica de La Ramallosa e a Virxe da Rocha en Baiona como mostra de apoio e solidaridade coas persoas con Autismo as súas familias.

 

 

 

 

Fundación Menela | 8 de abril de 2021 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.