Actualidade

Fundación Menela participou na reunión de traballo liderada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para abordar os retos da educación inclusiva en Galicia

O Museo de Galicia da Cidade da Cultura acolleu, o pasado 6 de setembro, unha reunión de traballo entre o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e responsables de distintas entidades involucradas na atención á diversidade e a educación inclusiva coas que a o Goberno autonómico ten asinado diversos acordos e convenios de colaboración.

O conselleiro destacou o excelente labor de cooperación educativa no que “gran parte do éxito radica no talento e talante dos profesionais e voluntarios que traballan nas diversas entidades que axudan a construír un sistema educativo máis inclusivo, integrador e onde se garanta a igualdade de oportunidades.”

Participamos na reunión, ademais dos responsables da Xunta, representantes de Amencer-Aspace, Aspace-A Coruña, Asociación Amicos, Autismo Ourense, Aspronaga, Aspanes-A Coruña, Asociación Nosa Señora de Chamorro, Federación galega de institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, Confederación Galega de Persoas con Parálise Cerebral (COGAMI), Asociación galega de familias de persoas afectadas polo síndrome de Asperger (ASPERGA), Fundación María José Jove, Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA), Federación Galega de Asociacións de Persoas con TDAH, FADEMGA e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

A xuntanza serviu para poñer en común o labor realizado no ámbito da atención á diversidade e a escola inclusiva e analizar o desenvolvemento dos diferentes protocolos de actuación cos que se dá resposta aos retos e as situacións concretas que teñen a súa orixe na propia diversidade social.


Falouse tanto do camiño seguido para favorecer a atención educativa ao alumnado con algún tipo de discapacidade, establecendo medidas encamiñadas á súa atención, como do fomento entre o profesorado diversos programas de formación acaídos aos retos da diversidade.

Fundación Menela

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.