FUNDACIÓN MENELA INAUGURA A EXPOSICIÓN "DENDE OS MEUS OLLOS"
DENDE OS MEUS OLLOS é o título da exposición que Fundación Menela inaugura mañá, 14 de novembro, ás 19:30h, no Café – Bar Cultural Detrás do Marco (Rúa Londres, Vigo).
Menela presenta un proxecto expositivo moi heteroxeneo de debuxos que vai desde paixaxes a retratos, pasando por múltiples intereses variados como robots, animais, máscaras ou barcos, que representan unha ollada persoal desde a perspectiva dos rapaces e rapazas que acuden ao Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral (SAI) da Fundación.
Non vola perdades!
Fundación Menela | 13 de novembro de 2019