Actualidade

FUNDACIÓN MENELA ACOMPAÑA AOS EMPREGADOS DE CAIXABANK NA PRIMEIRA ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Fundación Menela acompañou este sábado aos empregados de CaixaBank que percorreron a primeira etapa do Camiño de Santiago, de Tui a O Porriño.

O equipo de CaixaBank en Galicia está convocado a percorrer tres etapas do Camiño de Santiago a realizar en tres anos consecutivos, có obxectivo de chegar en 2021, Ano Xacobeo, camiñando a Santiago.

Esta iniciativa ven acompañada dun reto solidario. Por cada empregado de CaixaBank que finalice as tres etapas previstas, a Obra Social “la Caixa” doará mil euros a catro entidades sociais galegas. En Pontevedra, os empregados de CaixaBank seleccionaron a Fundación Menela como destinataria dos fondos pola estreita relación que ambas entidades manteñen desde fai anos.

Neste día, acompañados polo concelleiro David Alonso, en representación do goberno municipal, tivemos a oportunidade de recibir aos 180 empregados de CaixaBank á súa chegada a praza do Concello do Porriño, compartir un agradable xantar con todos eles, agradecer o seu compromiso e apoio á Fundación Menela, e animalos na súa peregrinaxe. 

Vémonos en Santiago no Xacobeo 2021!!!!

 

Fundación Menela | 28 de outubro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.