Actualidade

EXPOSICIÓN "DENDE OS MEUS OLLOS"  
FUNDACIÓN MENELA

 

DENDE OS MEUS OLLOS é o título da exposición que Fundación Menela inaugurou o pasado 14 de novembro no Café Cultural Detrás do Marco.

Este proxecto expositivo reúne máis dunha treintena de obras de técnicas variadas que amosan unha forma de mirar moi especial, onde destaca o sentido da composición, minuciosidade e a excepcionalidade creativa de dezaseis pequenos artistas que acuden ao Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral (SAI) da Fundación Menela.

Trátase dunha exposición moi heteroxenea de obras que vai desde paixaxes a retratos, pasando por múltiples intereses variados como robots, animais, máscaras ou barcos, que representan unha ollada persoal desde a perspectiva de cada un dos artistas que se animaron a compartir o seu traballo.

A mostra, organizada polo SAI, conta coa colaboración do Café Cultural Detrás do Marco (Rúa Londres, Vigo), espazo que acolle esta exposición e que poderá visitarse ata o 10 de decembro.

 

Fundación Menela | 18 de novembro de 2019

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.