Actualidade

Encontro de Irmáns

Encontro de Irmáns

Construíndo pontes de comprensión

Este mes de xullo deron comezo os Encontros de Irmáns de persoas usuarias do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral de Fundación Menela.

Dirixidos por Ana Moure, terapeuta do SAI, dan resposta á necesidade que teñen os irmáns de coñecer as características das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contar cun lugar para a expresión, apoio emocional e encontro con outras persoas que viven unha situación similar, ao mesmo tempo que se lle facilitan os apoios e recursos precisos para enfrontarse a situacións conflitivas que poidan xurdir no ámbito familiar e na vida social.

Ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro celebraranse cinco encontros no Edificio CAMI, nos que participarán irmáns de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos de idade.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.