Actualidade

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo: Inclusión, Tolerancia e Respecto

Con motivo da celebración do 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e do 40 Aniversario do Centro Menela, a Fundación Menela organizou dous actos conmemorativos cós que quixo atraer a atención da sociedade e crear conciencia sobre as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

Inclusión, tolerancia e respecto e o lema que nos acompañou este ano para conmemorar este día, e dúas mans pasándose a testemuña, a imaxen da campaña promovida por Autismo Europa. A inclusión implica aceptar as persoas con autismo polo que son, mostrando o respecto que merecen como membros da sociedade. Tanto o claim como a imaxe están vinculados aos Xogos Paralímpicos que se celebran este ano en Brasil e simbolizan que agora responsabilidade está na sociedade.

O xoves 7 de abril, ás 11.30h, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Menela organizou un acto de sensibilización polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co que quixo dar voz as persoas con TEA e compartir coa sociedade o que significa vivir có autismo.

Manifesto Día Mundial Concienciación sobre o Autismo
Participaron representantes políticos, familiares e persoas con TEA na lectura do manifesto elaborado polo movemento asociativo do autismo en Europa. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero encabezou a representación institucional xunto a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas; concelleira e voceira do grupo municipal do Partido Popular, Elena Muñoz; e o concelleiro do grupo municipal Marea de Vigo, Xosé Luis Jácome. Durante a lectura acompañáronnos Sindy Delgado e Mónica López, familias da Rede Menela, Adrián Márquez e José Estévez, rapaces do Centro Castro Navás.

“Usamos os servizos da nosa comunidade”
Escoitamos as voces de Iago, Álvaro e Andrés, tres alumnos do colexio Menela, nunha escenificación ligada a improvisación na que compartiron as experiencias no uso dos servizos comunitarios da cidade de Vigo.

40 Aniversario do Centro Menela
Pasaron 40 anos desde que un grupo de xoves profesionais, con forte entusiasmo e paixón polo saber, adentráronse no complexo e difícil mundo da psicose infantil e o autismo. No seu aniversario acercáronnos, a través dun vídeo cargado de imaxes e testemuñas, á historia do Centro Menela, o xermolo da actual Rede de Centros e Servizos de Fundación Menela.

O acto estivo amenizado coas pezas musicais da Orquestra Castro Navás, da que forman parte persoas con autismo, apoiados por profesionais e voluntarios, do centro que leva o mesmo nome; un proxecto compartido que defende que “a música expresa todo aquilo que non se pode dicir con palabras e que non debe quedar no silencio”.

Ao final do acto, todas as persoas que participaron no encontro sumáronse a campaña #pasaopoloautismo e posaron ante os medios gráficos co xesto de pasar a testemuña azul, momento que quedou plasmado nunha gran foto de familia.

De forma complementaria a estas actividades, levaremos camisetas azuis có lazo do autismo, e fíxose entrega das testemuñas azuis elaboradas polos rapaces do Colexio Menela e Castro Navás nos obradoiros en colaboración cos seus profesores e monitores.

Autocares Lar e Vitrasa colaboran neste día acercándonos nos seus autobuses ao lugar do acto conmemorativo.

Sumámonos a campaña de concienciación #pasaopoloautismo, pasando o testigo azul a diferentes colectivos da nosa sociedade como símbolo de que a inclusión, a tolerancia e o respecto hacia as persoas con TEA é responsabilidade de todos.

O Concello de Vigo e a Fundación Menela sumáronse á acción internacional Light it Up Blue, promovida por Autism Speaks, tinguindo de azul a noite do 1 ao 2 de abril as fontes da rúa Aragón, o Edificio CAMI de Fundación Menela, situado no casco histórico da cidade de Vigo.

No marco das actividades conmemorativas do DMCA, o sábado 2 de abril, acompañamos a un
grupo de nais de Ponteareas nunha mesa informativa situada no casco antiguo do municipion unha iniciativa dirixida a facilitar información para a comprensión das persoas con TEA como primeiro paso dunha sociedade inclusiva e igualitaria.

O sábado 9 de abril no Teatro AFUNDACIÓN de Vigo, Fundación Menela organizou o Concerto Solidario “DEL AMOR Y OTROS DEMONIOS” co que pechou a celebración do DMCA e 40 Aniversario do Centro Menela. Presentado por Uxía Blanco, o dúo de voz e piano formado por Pilar e Arabel Moráguez. Con este concerto Fundación Menela quixo rendir homenaxe póstuma a Carlos Veiga, o que foi director da Orquestra Castro Navás.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.