Actualidade

CONCESIÓN SUBVENCIÓN GABINETE ODONTOLÓXICO FUNDACIÓN ONCE

 A Fundación Once aproba a concesión dunha axuda económica por un importe de 3.000€ a Fundación Menela, dentro da convocatoria de axudas para proxectos dirixidos a persoas con discapacidade, destinada a sufragar parte dos gastos derivados da creación dun gabinete odontolóxico para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

A execución do proxecto será entre os meses de febreiro e agosto do 2018. Con el tratarase de proporcionar os apoios para acceder ás exploracións e tratamentos odontolóxicos, e así previr e diminuír a incidencia e prevalencia de patoloxías orais, contribuíndo ao benestar físico e emocional das persoas con TEA:

Coa aprobación desta axuda, Fundación Menela segue reforzando a área de promoción da saúde e continúa buscando alternativas á falta de servizos específicos de odontoloxía existentes na provincia de Pontevedra.

 

Fundación Menela Ι Vigo, 10 de xaneiro de 2018

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.