O CENTRO MENELA GAÑADOR DUN ACCÉSIT NO TRADICIONAL CONCURSO DE BELÉNS DE AFUNDACIÓN
Xa podemos compartir o incrible belén que fixo o alumnado do Colexio Menela para o 54 Concurso de Beléns de Afundacion e gañador dun Accésit.
Ademáis deste premio, podemos acadar outro mediante votación pública polo que podedes votar polo noso Belén ata o 27 de decembro, a través do perfil de Facebook de AFUNDACION
Preme no enlace https://www.facebook.com/Afundacion/app/249917278500745/
Por último, do 12 de decembro ao 5 de xaneiro o Teatro Afundación de Vigo recolle a exposición, un clásico do Nadal Vigués, onde se mostran as creacións gañadoras ademáis do resto de traballos presentados.
Parabéns polo fantástico traballo!
Fundación Menela | 16 de decembro de 2019