CARTA DE AGRADECEMENTO DO CENTRO CASTRO NAVÁS (FUNDACIÓN MENELA) AOS PROFESIONAIS DA ÁREA SANITARIA DE VIGO
Mañá retomaremos o Proxecto Xacobeo Autismo, iniciado no pasado 2019 e que no 2020 quedou anulado polas restriccións impostas pola COVID-19, esa gran pandemia mundial!
Dende o Centro Castro Navás levamos un ano agardando éste momento pois as ganas e a ILUSIÓN por amosar que SI SOMOS CAPACES, por facer un entorno máis accesible para todos e, sobre todo, por DISFRUTAR son moi grandes!
No 14 de Marzo do 2020 comezamos a vivir unha situación diferente nas nosas vidas: de súpeto tódolos residentes do Centro Castro Navás vímonos compartindo días, tardes e noites sen posibilidade de optar a diferenciar o día da semana que era pois todos eran iguais… nós precisamos a diario de axendas/calendarios para favorecer esa ubicación e de súpeto non existían…Nesa “desubicación” iniciamos o noso esforzo por facer as cousas ben, adaptarnos á “nova normalidade” e FUMOS CAPACES DE FACELO!
De súpeto os profesionais que nos acompañan van inculcándonos todo o contrario do que levan toda a vida pedíndonos: “distancia social” … inicialmente causounos rareza, pero unha vez máis continuamos esforzándonos e tentando voltar a poñer barreiras físicas para evitar o contacto cos demáis… curioso, verdade?... pois FUMOS CAPACES DE FACELO TAMÉN!
Moitos de nós podemos chegar a ter dificultades no cambio de rutinas e amosar rixidez ante as mesmas.
Ante ésta característica atopámonos tamén nestes pasados meses con situacións que, por prevención, tivemos que “illarnos” en espazos distintos aos nosos cuartos/Residencia por ter cursado algún síntoma compatible coa COVID-19… os nosos monitores/coidadores nolo disfrazaron como pequenos privilexios, coma se de campamentos se tratase ou simples obras de teatro cando tiñan que poñerse os EPIs para estar en contacto con nós… aquí de novo podemos afirmar que volvimos a SER CAPACES!
Meses de restriccións, meses de distancia coas nosas familias, meses de non poder saír dar un paseo a Praia América, de non poder tomarnos un refresco nunha cafetería aínda cando en teoría as restriccións eran máis “suaves” pero nos, por ser Residentes tivemos que continuar agardando e SI, AGARDAMOS TRABALLANDO A PACIENCIA e autocontrol!
O noso esforzo foi grande por poder estar hoxe aquí e decir orgullosos que fumos capaces de que o coronavirus non entrase na nosa Residencia, pero éste éxito débese en grande medida a vos:
- Ao completo dos que formades a Área Sanitaria de Vigo e queremos facer mención especial ás persoas que fúchedes e seguides sendo referentes para nos no obxectivo da prevención:
- Víctor del Campo, GRAZAS por ter estado dende o minuto un. Cando todo eran dúbidas de cómo proceder para previr e manter a nosa Residencia segura, ti nos aportaches as liñas claves de cómo ir dando os pasos da forma adecuada. Grazas polo teu apoio!
- Isabel Rey- GRAZAS por ser facilitadora na recabación de datos/xestións relacionadas coas medidas que nos fúchedes marcando. Sabemos que foi de gran axuda para así os traballadores ir dándonos “boas novas” no transcurso de todos éstos meses.
- Rafael Gallardo, GRAZAS polo teu apoio incondicional diario, as túas respostas áxiles ás dúbidas que se nos plantexan dende o Centro, fannos sentir seguros e así facilitarnos a organización do Centro Castro Navás.
- Tania Álvarez, GRAZAS por coidar de nos, por ter conta, dende a cercanía, que as nosas medicacións neste ano que tanto esforzo nos supuxo, estivesen debidamente adaptadas ás circunstancias. Grazas pola túa presenza/seguemento no Centro ou dende a outra liña do teléfono. ¡As sesións contigo fannos sentir seguros e sobre todo queridos!
Camiñaredes con nós no camiño cara Compostela, non o dubidedes… de novo e sempre GRAZAS!
Centro de Día e Residencial Castro Navás
Fundación Menela
Hospital Álvaro Cunqueiro, 10 de maio de 2021