Actualidade

Apoio nas actividades de vida diaria para persoas con autismo. Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2018

Apoio nas actividades de vida diaria para persoas con autismo

Con data 22/08/2018 dictouse pola Secretaría Xeral de Emprego, resolución pola que se outorga unha subvención de 19741.12€ á Fundación Menela para a contratación de dous mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e realización do servizo “APOIO NAS ACTIVIDADES DE VIDA DIARIA PARA PERSOAS CON AUTISMO” 

O programa de apoio nas actividades de vida diaria para persoas adultas con autismo busca satisfacer as necesidades dos beneficiarios que gozan dos servizos especializados de atención diurna e residencial do Centro Castro Navás, para fomentar o desenvolvemento das súas habilidades e intereses, así como a súa participación social e comunitaria. O obxectivo de traballo a desenvolver durante os vindeiros sete meses esta orientado a despregar estratexias e apoios integrais para maximizar a autonomía persoal e garantir un aprendizaxe ao longo da vida, minimizando os efectos que os avances da idade poden ter, e incidindo na súa calidade de vida.  

Esta axuda, cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo Específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2., ofrece unha oportunidade de adquirir unha experiencia laboral a dous mozos desempregados, ao tempo que permite reforzar os programas e actuación quue a entidade leva a cabo dentro dos seus Plans de Acción anuais.

Fundación Menela | 27 de setembro de 2018

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.