POEJ 'Uno a Uno' - Ano 2020

Impulsa Tu Talento

Refuerzo de la Empleabilidad para personas con TEA 

 Fundación ONCE, con data 29 de setembro de 2020, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación Menela para a execución de “Impulsa Tu Talento. Programa de Refuerzo de la Empleabilidad para personas con Trastorno del Espectro del Autismo”, presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS NOVAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2020.

“Impulsa Tu Talento” ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de cinco persoas con Autismo e discapacidade intelectual asociada usuarias do Centro de adultos Castro Navás, a través do programa de formación “Auxiliar de Cociña e Hostalaría” que inclue a formación no posto de traballo, coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.

Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8 promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral, Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

 

 

Fundación Menela ׀ 7 de outubro de 2020

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.