loading

Concerto Solidario a Beneficio da Fundación Menela


CONCERTO SOLIDARIO A BENEFICIO DA FUNDACIÓN MENELA

O sábado 9 de abril de 2016 ás 19:00 horas, Fundación Menela conmemorou a celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e o 40 Aniversario da apertura do Centro de Educación Especial “Menela” organizando un concerto solidario cuxa recadación neta irá destinada a financiar distintos proxectos de apoio ás persoas con Trastorno do Autismo.

No ano 1976 comezou as súa actividade o Centro de Educación Especial Menela, xerme do que despois nacería a Fundación MENELA. O Centro converteuse axiña nun referente na atención a nenos e nenas con Autismo. Neste 40 anos de traxectoria o Centro de Educación Especial Menela ten atendido a máis de 130 nenos e nenas.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o autismo, co fin de poñer de relevo a necesidade de mellorar a calidade de vida dos nenos e adultos autistas para que poidan ter unha vida plena e digna.

Os actos de celebración do DMCA 2016 e 40 Aniversario do Centro Menela pecháronse o día 9 co Concerto Solidario “DEL AMOR Y OTROS DEMONIOS”. Presentado pola actriz e concelleira responsable da Área de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Uxía Blanco, o dúo de voz e piano formado por Pilar e Arabel Moráguez fixo un percorrido por grandes obras da música clásica latinoamericana e cubana. Con este concerto Fundación Menela quixo render homenaxe póstuma a Carlos Veiga, o que foi director da Orquestra Castro Navás.

Un momento moi especial no que a Fundación Menela estivo arroupada por familias e persoas usuarias da súa Rede de Centros e Servizos, contando co apoio do conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, Jose Manuel Rey, delegado territorial de Vigo, Ignacio López – Chavez, la concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, así como por outros concelleiros dos grupos municipais do Concello de Vigo e representantes doutras entidades de Galicia que traballan con persoas con diversidade fundacional.

 

Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar