Xacobeo Autismo | Un Camiño de todos


    

    

 

O PROXECTO

O proxecto Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos pretende dar a posibilidade a 20 persoas, con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, de realizar un tramo do Camiño Portugués da Costa, en etapas adaptadas as capacidades dos participantes no proxecto.

Ademáis é unha oportunidade para visibilizar a realidade deste colectivo e informar á sociedade sobre os recursos e servizos dos que dispon a Fundación MENELA para a atención as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias, desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.

 

 OS DESTINATARIOS

Os destinatarios deste proxecto, serán 20 persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, acompañados por 10 profesionais especializados na atención directa con este colectivo de persoas con TEA. Contaremos tamén coas familias e persoal voluntario.

As 20 persoas adultas con TEA, son usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás, cuxa titularidade corresponden a Fundación Menela. 


 AS ETAPAS DO NOSO CAMIÑO


 AS ACCIÓN DO PROXECTO

FACENDO CAMIÑO

20 persoas con autismo acompañadas de profesionais especializados realizarán as etapas do camiño.

Os participantes terán a oportunidade de facer unha noite nalgún dos albergues do Camiño o que implica que, en cadansúa das etapas durmirá un grupo de 5 persoas usuarias diferentes do Centro Castro Navás, o que supón unha ratio atención de persoal de 5:3.

CAMIÑA CONNOSCO

Invitaremos a centros educativos e colectivos sociais dos concellos nos que se realicen as etapas a camiñar connosco.

En cada etapa do percorrido invitaremos a diferentes colexios ordinarios e Centros de Atención a Persoas con Discapacidade de cada Concello, para que nos acompañen nunha xornada de convivencia. Ao finalizar cada etapa contaremos cun punto de información sobre o Autismo e a Accesibilidade.

Realizaremos visitas de interese histórico e cultural en cada núcleo do Camiño, e remataremos o día, sempre cunha reflexión grupal, de cara a que as rapazas e rapaces con TEA, e os seus monitores e acompañantes, comenten como se sentiron ao longo da marcha, que foi o que mais lles gustou, que lles dirían os demais en relación o que viron, que cousas non lles pareceron ben, etc.

UN CAMIÑO PARA TODOS

Contribuiremos a mellorar á accesibilidade cognitiva do Camiño Portugués da Costa, mediante a sinalización de espazos con pictogramas.

As persoas con TEA e os profesionais que os acompañan realizarán unha revisión da sinalización e recollerán as necesidades detectadas de sinalización de espazos, percorridos, información ao peregrino, etc. que faciliten a identificación e realización do Camiño.

O resultado deste traballo exporase nos Concellos de A Guarda, Baiona e Nigrán, nun acto aberto a sociedade en xeral no que, ademais da proposta do plan de sinalización, informarase da importancia da accesibilidade cognitiva para as persoas con Autismo e outras discapacidades.


  CUSTES DO PROXECTO E FINANCIAMENTO

O orzamento total destinado a este proxecto é de 20.413,07 euros, sendo por partidas a de PERSOAL a que mais recursos económicos consume (70% do total). Outras partidas salientables son as de SUBCONTRATACIÓNS e a de ALUGUERES e EQUIPAMENTO (ambas co 11 % do total de gasto previsto).

Os gastos do proxecto XacobeoAutismo cúbrense coas achegas económicas da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de axudas de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do proxecto "O TEU XACOBEO" da Axencia Turismo de Galicia, do Concello de Nigrán (Pontevedra) e da propia Fundación Menela. A participación de cada un dos financidores no orzamento total é a seguinte:

 


  NOTICIAS RELACIONADAS CO PROXECTO

PERSOAS CON AUTISMO DA FUNDACIÓN MENELA FAN O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA 

20 PERSOAS CON AUTISMO DA FUNDACIÓN MENELA INICIAN O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

FINALIZA O PROXECTO `XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS´ COA CHEGADA DE  20 PERSOAS CON AUTISMO DA FUNDACIÓN MENELA A NIGRÁN  

MEMORIA VISUAL DO PROXECTO XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS.


 

 

    

 

 

Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar