loading

Promoción e Prevención da Saúde Bucodental en Persoas con TEA


PROMOCIÓN E PREVENCIÓN DA SAÚDE BUCODENTAL EN PERSOAS CON TEA

Con data 22 de agosto de 2016 a Consellería de Sanidade dictou resolución pola que se outorga unha subvención de 8.304,70 euros á Fundación Menela para desenvolver o programa “Promoción e Prevención da Saúde Bucodental en Persoas con TEA”

As afeccións odontolóxicas constitúen un problema de saúde en persoas con TEA. Estos pacientes presentan unha hixiene oral deficiente con altos índices de placa bacteriana, o que orixina unha elevada prevalencia de caries e enfermidade periodontal. Ademais, tratamentos farmacolóxicos aumentan o risco de patoloxía bucodental e trastornos estomatolóxicos como os patróns eruptivos irregulares, maloclusións dentarias, parafuncións orais e alteracións do número, morfoloxía e estrutura dos dentes, son especialmente frecuentes.

A todo isto é preciso engadir que as persoas con TEA presentan procesos cognitivos diferentes que dificultan o acceso aos servizos odontolóxicos. As dificultades para percibir e expresar estados alterados de saúde, comprender a contorna, os procedementos sanitarios e adaptarse a novas persoas, entre outras, inflúen nas dificultades de acceso a unha atención eficaz.

A alta incidencia e prevalencia de patoloxías orais unida a especificidade do TEA, e a falta de servizos específicos de odontoloxía na provincia de Pontevedra, motivaron o programa de Promoción e Prevención da Saúde Bucodental para persoas con TEA usuarias da Rede Menela. Deseñado para desenvolverse entre os días 1 de xuño e 15 de outubro de 2016, abordará a procura de información e formación sobre saúde oral a familias e profesionais de atención directa, mellora de hábitos e comportamentos para a promoción da saúde bucodental e procesos de desensibilización ás exploracións bucodentais có obxectivo último de diminuir a incidencia e prevalencia de patoloxías orais, contribuíndo ao benestar físico e a mellora da calidade de vida das persoas con autismo.

Fundación Menela | Vigo | 16 de setembro de 2016


VOLTAR

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.