loading

PROGRAMAS DE APOIO E DESCANSO PARA FAMILIARES COIDADORES DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 


Programas de Apoio e Descanso para Familiares Coidadores de Persoas con Discapacidade

 

 

Fundación Menela recibiu unha subvención por un importe de 15.700,00 euros, no marco da convocatoria de subvencións con cargo á asignación tributaria do IRPF 2017 financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para a realización do Programa de apoio e descanso para familiares coidadores de persoas con discapacidade.

O proxecto de Servicio de respiro familiar puntual da Fundación Menela, ten a finalidade de prestar apoio e facilitar momentos de descanso ás familias de persoas con discapacidade psíquica, especialmente persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), ante a carga física e emocional que soportan pola necesidade dunha atención e coidado continuado cara aos seus fillos.

A prestación do servizo de Respiro Familiar executarase entre os meses de xaneiro e decembro de 2018. Poderán beneficiarse deste programa 98 persoas con TEA, usuarias da Rede de Centros e Servizos da Fundación Menela, que recibirán atención básica integral e gozaran de actividades de ocio e tempo libre nunha contorna comunitaria, contribuíndo o seu benestar emocional, desenvolvemento persoal e inclusión social.

Fundación Menela | febreiro 2018

 


VOLTAR

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.