loading

20 programas de apoio

A Rede Menela proporciona ás familias dos seus usuarios unha gran variedade de programas de apoio e unha ampla tipoloxía de servizos, que lles permite adaptarse mellor as súas nece-sidades e demandas.

Os centros da Fundación proporcionan apoios e programas que promoven o desenvolve-mento do maior nivel de autonomía persoal dos usuarios/as e a participación nos recursos da comunidade para mellorar a súa inclusión social. Os programas que ofrece a Rede Menela son:

No Centro Edificio CAMI:

  • Programa para familias.
    • Terapia Familiar
    • “Encontros con Familias”
    • Respiro e Conciliación Familiar
    • Escola de Familias
    • Asesoramento Familiar e AcciónTutelar
  • Programa para menores de 6 anos.
    • Estimulación Cognitiva
    • Atención Temperá Especializada
  • Programa para maiores de 6 anos.
    • Habilitación Psicosocial

No Centro de Educación Especial Menela:

  • Educación
  • Deporte Escolar, a través do Clube Menela (Federado)
  • Habilidades sociais – Comedor Escolar
  • Expresión Artística

No Centro Castro Navás:

  • Terapia Ocupacional: Obradoiros
  • Preparación para o emprego: Castro Navás SL
  • Residencial:
    • Fomento das Habilidades da Vida Diaria
    • Promoción da Saúde e Hábitos de vida saudable

Ademais, a Rede Menela ofrece programas específicos para estudantes e profesionais da atención ao Autismo e a Dependencia:

  • Formación Especializada en Dependencia
  • Prácticas en Centros da Rede
  • Asesoramento a profesionais do eido da sanidade e o ensino.

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.