PROGRAMA FORMATIVO "UNO A UNO"

 

Fundación Menela formará a cinco persoas novas con Trastorno do Espectro do Autismo grazas a ‘Uno a Uno’, iniciativa de mellora da empleabilidade da Fundación ONCE que conta coa cofinanciación do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.

Fundación Menela foi unha das 103 asociacións seleccionadas para participar no programa ‘Uno a Uno’ da Fundación ONCE, cuxo obxectivo é a mellora directa da empleabilidade de mozos e mozas con discapacidade de toda España, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, mediante a adquisición das competencias necesarias para acceder a un posto de traballo determinado.

O programa Reforzo da Empleabilidade de Persoas con TEA de Fundación Menela recibiu o apoio da Fundación ONCE por un importe de 20.000€. Destinado a cinco persoas con autismo e discapacidade intelectual asociada, executarase no Centro Castro Navás (Nigrán) entre os meses de marzo e xuño deste ano. 160 horas destinaranse a accións formativas e 100 horas a accións de formación no posto de traballo, co obxectivo de que os participantes adquiran os conceptos e habilidades básicas para acceder a un posto de traballo como auxiliares de cociña.

Fundación Menela | 5 de marzo de 2017

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.