loading

PROGRAMA DE ATENCIÓN INTEGRAL DIRIXIDO Á PROMOCIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE


PROGRAMA DE ATENCIÓN INTEGRAL DIRIXIDO Á PROMOCIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Fundación Menela recibiu unha subvención por un importe de 6.000,00 euros, no marco da convocatoria de subvencións con cargo á asignación tributaria do IRPF 2017 financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para a realización do Programa de atención integral dirixido á promoción de persoas con discapacidade.

O proxecto esta deseñado para satisfacer as necesidades de nenos/as con TEA cos seus irmáns, proporcionando un espazo para a interrelación nun medio de xogos e obradoiros, onde se persegue desenvolver tanto redes sociais entre familiares con TEA, neste caso irmáns, como mellorar as habilidades psicosociais das persoas beneficiarias.
A prestación do servizo executarase entre os meses de abril a novembro 2018 e poderán beneficiarse deste programa 12 persoas con TEA.

Fundación Menela | febreiro de 2018

 


VOLTAR

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.