Blog

O DSM 5 e os criterios dignósticos

O DSM 5 e os criterios dignósticos

MANUAL  DIAGNÓSTICO E ESTADÍSTICO DOS TRASTORNOS MENTAIS

É un manual editado pola Asociación Estadounidense de Psiquiatría, é unha obra que contén unha clasificación dos trastornos mentáis e proporciona descricións claras das categorías diagnósticas, co fin de que os clínicos e investigadores das ciencias da saúde poidan diagnosticar, estudar e intercambiar información e tratar os distintos trastornos mentais.

A última edición data do 18 de maio do 2013.

O DSM 5 nos fala de TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO NEUROLÓXICO; que é onde clasifica o TEA xunto con outros trastornos que son:

  • Discapacidades interactuáis
  • Trastornos da comunicación
  • Trastorno do espectro do autismo T.E.A.
  • Trastorno por déficit de atención con hiperactividad
  • Trastorno específico da aprendizaxe   
  • Trastornos motores     
  • Outros trastornos do desenvolvemento neurolóxico

As persoas con TRASTORNO  DO ESPECTRO DO AUTISMO  (TEA) presentan:

  • A - DEFICIENCIAS CONSTANTES NA COMUNICACIÓN SOCIAL E NA INTERACCIÓN SOCIAL
  • B - PATRÓNS RESTRITIVOS E REPETITIVOS DE COMPORTAMIENTO, INTERESES Ou ACTIVIDADES

DEFICIENCIAS CONSTANTES NA COMUNICACIÓN SOCIAL E NA INTERACCIÓN SOCIAL EN DIVERSOS CONTEXTOS

En todos estos síntomas agora ou no pasado:

  • Deficiencias en reciprocidad socioemocional: achegamentos inusuais, problemas para manter o fluxo de ida e volta nas conversacións, pouco interese por compartir intereses, emocións, afecto, fallo para iniciar ou responder a relacións sociais.
  • Deficiencias en condutas comunicativas non verbais: dificultade para intepretar ou realizar condutas comunicativas verbais e non verbais, anomalía no contacto visual, déficits de comprensión e uso de xestos.
  • Deficiencias no mantemento e comprensión das relacións: dificultades para axustar o comportamento segundo o contexto, dificultade para compartir xogos de ficción, ausencia aparente de interese pola xente.

PATRÓNS RESTRITIVOS E REPETITIVOS DE COMPORTAMENTO, INTERESES Ou ACTIVIDADES en dúas ou máis destes síntomas agora ou no pasado:

  • Movementos, uso de obxectos ou fala estereotipados ou repetitivos: movementos motores estereotipados, ecolalias
  • Insistencia en monotonía, excesiva inflexibilidad de rutinas ou patróns ritualizados de comportamiento verbal ou non verbal: malestar extremo ante pequenos cmabios, pensamento ríxido, rituais
  • Intereses moi restrinxidos e fixos anormais en canto a intensidad ou foco de interese: apego excesivo a obxectos, intereses moi perseverantes
  • Hiper ou hiporeactividad aos estímulos sensoriais ou interese inhabitual por aspectvos sensoriais da contorna: día 1 indiferenza total a un estímulo, día 2 hipersensibilidad ao mesmo estímulo do día 1

Estes síntomas deben estar presentes na infancia temperá pero pódense observar máis tarde, dependendo de demandas sociais

Os síntomas causan unha deterioración no social, laboral  ou noutras áreas importantes do funcionamento diario

Estas alteracións non se explican mellor pola discapacidade intelectual ou polo atraso global do desenvolvemento.

É moi importante ESPECIFICAR e ter en conta as comorbilidades:

  • Si hai ou non déficit intelectual asociado
  • Si hai ou non deterioración da linguaxe asociada (desde mútico, palabras soltas, palabra-frase…)
  • Si hai enfermidades médicas (epilepsia) ou xenéticas ( Rett, Down, x fráxil ),  ou factores ambientais asociados (valproato, SAF, baixo peso..)
  • Con catatonía
  • Asociado a outros trastornos do desenvolvemento neurológico, trastornos mentais ou do comportamento.

Na próxima entrada falaremos dos niveis de severidade do TEA

Fundación Menela | 14 de xuño de 2017

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.