Blog

DÉFICIT EN TEORÍA DA MENTE

O déficit en Teoría da Mente quizais sexa o que nos de a resposta de porqué as persoas con TEA presentan grandes dificultades nas relacións sociais.

Ás persoas con TEA cústalles entender que os demais teñen pensamentos, sentimentos, crenzas, intencións e desexos.

A teoría da mente instáurase sobre os 4-5 anos nos nenos de desenvolvemento típico pero non sucede así na evolución dos nenos con TEA.

O déficit en Teoría da Mente provoca unha gran dificultade para toda a aprendizaxe transmitida socialmente. Moitas aprendizaxes que adquirimos a través da relación social probablemente terán que ser ensinados de maneira explícita aos nenos con TEA (uso da mirada, sinalar, chamar para pedir axuda?).

Tamén provoca que vivan en estado de alerta porque as condutas dos demais resúltanlles impredicibles e incomprensibles. As persoas con TEA en xeral presentan unha ansiedade de base moi superior á media e unha alta porcentaxe necesitan medicarse para a ansiedade en certos momentos da súa vida.

A comunicación tamén se ve afectada por este déficit porque á fin e ao cabo é un intercambio de ideas que nos esixe constantemente pornos na pel do outro.

É moi importante que avaliemos as súas capacidades comunicativas e sociais a través de distintos medios (observación en distintos contextos, con distintas persoas e actividades, a través de escalas comerciais ?) É importante que comprobemos as capacidades reais e non demos por feito que saben.

Debemos axudarlles a dar sentido á conduta social dos demais, ser os seus intérpretes nun mundo difícil para eles. Son literais, non entenden a linguaxe figurada nin o engano e isto failles especialmente vulnerables.

É imprescindible que traballemos as emocións no grao de complexidade que sexa adecuado ao seu nivel. Recoñecer en se mesmo e nos outros o estado emocionais é unha aprendizaxe necesaria para a súa calidade de vida.

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.