Blog

A FUNDACIÓN MENELA é unha organización sen ánimo de lucro constituida coa misión de “contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e defender a súa dignidade como cidadáns, procurándolles servizos que dean resposta ás súas necesidades específicas ao longo de todo o ciclo vital”.

Os principios recollidos nesta definición implican, desde o momento en que son asumidos, un compromiso con:

- Unha filosofía orientada á prestación de servizos de calidade baseada na mellora continua, que se manteña no tempo e que inclúa a todos os niveis da organización a fin de chegar a ser o referente que desexamos.

- A innovación, para acadar servizos especializados e diferenciados que satisfagan as necesidades e benestar de usuarios e familias.

A dirección da FUNDACIÓN MENELA e CASTRO NAVÁS, S.L, consciente das vantaxes de integrar a calidade nas súas políticas, decidiu implantar os sistemas de xestión baseados nos referenciais UNE-EN-ISO 9001:2015 e 158101:2015. Por medio destes sistemas perséguese aumentar a satisfacción dos clientes actuais e amosar aos potenciais a nosa capacidade para ofrecer uns servizos de acordo ás súas expectativas.

Comprometémonos a desenvolver os nosos procesos en base aos requisitos acordados cos nosos clientes, familias e usuarios, respectando as especificacións de cada un deles, dentro dos límites marcados pola normativa que puidera ser aplicable en cada caso, e mellorando continuamente a eficacia do noso sistema de xestión da calidade.

Os valores nos que FUNDACIÓN MENELA e CASTRO NAVÁS, S.L creen, e que defenden son:

- Compromiso coa mellora continua. A través da busca constante da excelencia e contando coa participación decidida e activa do noso persoal, dos provedores contratados para subministrar bens e servizos así como dos nosos clientes, que reciben os servizos e produtos que se prestan ou son elaboran nas nosas instalacións.

- Transparencia na xestión, especialmente na utilización de fondos e achegas que procedan tanto de Administracións Públicas coma de aportacións privadas.

- Confianza en nos mesmos. Definida como a seguridade e convicción na propia capacidade para afrontar con decisión as dificultades e os retos aos que nos enfrontamos día a día.

- Honestidade e Ética. Mantendo como organización a coherencia e a sinceridade como norma de comportamento e de relación cos demais, de acordo cos principios de verdade e xustiza.

- Traballo de calidade. Como capacidade para definir e aplicar eficazmente metodoloxías útiles e axeitadas aos nosos usuarios, familias e outros clientes, adaptándonos na medida do posible ás súas necesidades e demandas.

- Respecto mutuo. Como recoñecemento das capacidades de cada membro da organización e a consideración recíproca de que todas as persoas teñen un valor por sí mesmas.

- Paixón polo saber. Fomentando en toda a organización a adquisición de coñecementos articulados en relación á realidade social, co fin de comprender mellor o mundo que nos rodea, actuar fronte as barreiras físicas e culturais discriminatorias e impulsar a integración social, a participación e a comunicación das persoas con TEA.

FUNDACIÓN MENELA e CASTRO NAVÁS, S.L comprométense a cumpri-la lexislación e regulamentación vixente así como os requisitos da normativa que poidan aplicar ós procesos desenvolvidos na organización.

Esta Política é revisada de forma periódica pola Dirección Xeral para comprobar a súa adecuación aos propósitos, circunstancias e metas do sistema de calidade de FUNDACIÓN MENELA e CASTRO NAVÁS, S.L. A fin de fomentar a súa difusión ponse a disposición do público, e comunícase a todo o persoal que traballa para a organización ou no seu nome, animando á súa aplicación no traballo diario.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.