Blog

UNO A UNO PROGRAMA DE INCLUSION SOCIAL (PIN) 2024-2025.

PROGRAMA ESTATAL FSE+ DE INCLUSIÓN SOCIAL, GARANTÍA INFANTIL Y LUCHA CONTRA LA POBREZA 2021-2027

APRENDER FACENDO

FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO

ELABORACIÓN DE CONSERVAS VEXETAIS

UNO A UNO PROGRAMA DE INCLUSION SOCIAL (PIN) 2024-2025.

PROGRAMA ESTATAL FSE+ DE INCLUSIÓN SOCIAL, GARANTÍA INFANTIL Y LUCHA CONTRA LA POBREZA 2021-2027

APRENDER FACENDO

FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO

ELABORACIÓN DE CONSERVAS VEXETAIS

 

Fundación ONCE, con data 10 de decembro de 2024, outorga unha axuda de 27.000 euros á Fundación MENELA para a execución do APRENDER FACENDO. FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO. ELABORACIÓN DE CONSERVAS VEXETAIS presentado á Convocatoria Uno a Uno Programa de Inclusión Social 2024-2025. Este programa está Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Este programa ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de 6 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada, a través do programa de formación “Elaboración de Conservas vexetais” que inclue formación no posto de traballo. O eixo central desta iniciativa é contribuír á inserción sociolaboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade a través da mellora das súas competencias

O programa formativo executarase entre os meses de xaneiro e xuño de 2025 adicándolle un total de 350 horas, 200 horas de formación teórica e 150 horas de formación no posto de traballo 

Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE+ no marco do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027, en concreto co Obxectivo político 4: unha Europa mais social e integradora mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos. Obxectivo Específico h) relativo a fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos.

 

   

Xaneiro de 2025. Fundación Menela

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.